A Ciencia en Imaxe. Concurso de fotografía

IV Concurso de Fotografía A Ciencia en Imaxe. Organizado por la Facultad de Física de la Universidad de Santiago de Compostela

A Ciencia en Imaxe. Concurso de fotografía

Bases do Concurso

  • O prazo para inscribirse estenderase dende o 20 de outubro ata o día 10 de novembro de 2017.
    Inscricións e distribución de obras
  • O rexistro é gratuíto e para railizalo o concursante deberá completar a folla de rexistro (disposta neste mesmo sitio web) e enviala xunto cos arquivos coas súas fotografías á dirección de correo electrónico: cim.iv.usc@gmail.com. Os datos incluídos no rexistro non serán utilizados para calquera outra finalidade allea ó concurso.
  • O concurso está aberto a calquera persoa pertencente a comunidade universitaria da USC que poderá participar con calquera tema relacionado coas Ciencias, a Investigación e a Divulgación Científica.
    Cada participante poderá presentar un máximo de tres imaxes, dixitalizadas e realizadas con calquera equipo, profesional ou afeccionado, incluído o teléfono móbil.

Formato

  • A fotografía enviada debe ser orixinal, inédita (non publicada en calquera medio de comunicación, ata dixital) e non presentada a concursos. De ser o caso, o autor sería inmediatamente descualificado.
  • A fotografía virá nun ficheiro, estará acompañada dun título e un breve comentario ou reflexión do autor (de 5 a 10 liñas) que se incluirán na folla de rexistro. Debe estar en formato JPG e ter un tamaño mínimo de 2 MB. Ademais, recoméndase que cada un dos ficheiros non superen os
    5 MB. Ningún dos ficheiros enviados debe ter un nome que poda identificar ó participante.

Xurado

O xurado estará composto por un membro de cada centro organizador da USC, un membro da Real Academia Galega de Ciencias e un experto en fotografía. Ademais, serán membros do xurado, con voz pero sen voto, o decano do centro organizador da Festividade de San Alberte Magno (nesta anualidade, a Facultade de Física), ou a persoa en que delegue, e o secretario do centro, que actuarán como presidente e secretario do xurado, respectivamente. O xurado decidirá por maioría as fotografías premiadas segundo os criterios de orixinalidade, estética e adecuación ao tema proposto. Tamén se terá en conta a conciencia social, e a capacidade crítica e comunicativa expresada.

Premios

A contía dos premios será de 300 euros para a fotografía ganadora e de 100 euros para as fotografías seleccionadas en 2o e 3o lugar. O xurado resérvase o dereito de asignar ata 3 Mencións de Honra. Un mesmo participante soamente poderá acadar un premio ou Mención de Honra

Gañadores

  • Os participantes gañadores serán notificados deste feito por medio do contacto indicado no rexistro.
  • Os autores cuxas fotografías foran elixidas entre as 3 gañadoras, deberán asistir ao acto de entrega do premio o día 17 de novembro no Salón de Graos da Facultade de Física.

Exposición e Licenzas

  • As fotografías presentadas e seleccionadas poderán ser impresas e expostas polos organizadores do concurso nunha exposición a realizarse na USC. Esta actividade terá a máis ampla difusión posible a través das canles habituais.
  • Os participantes expresan o seu acordo de que as fotografías enviadas podan ser utilizadas polos organizadores, patrocinadores ou colaboradores con efectos culturais ou sociais, sen incorrer en ningún pagamento ou compensación algunha.